InicioMOV. SOCIAISAs Ambulancias póñense en folga

As Ambulancias póñense en folga

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

De heroes en 2020 a escravos en 2023. Así se ven os traballador@s das ambulancias do país, que este 6 de xullo arrincaron unha folga que continuará mañá 7, asi como os 19, 20 e 21 deste mesmo mes.

Unha folga na que critican que tanto a patronal concesionaria como a Xunta-Sergas e a FEGAM (Federación Galega de Ambulancias) non fan nada pola reactivación do convenio. Dende os sindicatos da CIG, CCOO, USO e UGT sinalan que o aumento de carga de traballo foi “brutal nestes anos”, nunhas empresas onde o persoal te que facer horas extras (mal pagadas ou sen cobrar) todos os meses, sen descansos e vacacións regulamentarias, onde falta persoa, sen protocolos de desinfección dos uniformes (“poñendo en risco a saúde”).
Critican ademais os medios: “servizo: ambulancias deterioradas, ambulancias e bases se limpeza e desinfeccións adecuadas, falta material para realizar dignamente a nosa función e térmolo que coller nos hospitais porque, en moitos casos, as empresas non o teñen”.


”Non só loitamos polos nosos dereitos, senón polos de todas as persoas que nalgún momento teñan que empregar un elemento básico no sistema sanitario como son as ambulancias”, sinalan.

Ambulancias en folga en Alfonso Molina
Acción reivindicativa en Alfonso Molina

 

ÚLTIMAS

A asociación O Mural urxe medidas de protección para as pinturas de Lugrís na Coruña

A asociación cultural O Mural solicitou que a Xunta e o Concello da Coruña...

A Coruña en alerta amarela por ondas de máis de catro metros e choivas intensas

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para esta madrugada de martes unha alerta...

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Fartáronse as familias do abandono extremo da escola pública, e do ridículo espantoso que...

Arrinca hoxe a folga de médicos despoide que a Xunta rompese un principio de acordo

Máis de 3.000 médicos están chamados ao paro indefinido a partir de hoxe luns...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here