InicioA CORUÑABetanzos podería levantar as restricións de auga a próxima semana

Betanzos podería levantar as restricións de auga a próxima semana

Publicada o

Por editor

O Concello de Betanzos estuda levantar as restricións da auga no municipio ao limitarse a presenza de norovirus, segundo informa. En concreto, sinala que se faría excepto na parte do municipio que depende do depósito de Xanrozo.

En concreto, precisa que as últimas analíticas apuntan a que os traballos de desinfección realizados pola empresa concesionaria “están a dar os seus froitos” e avanza que “a próxima semana podería cambiar a situación” no municipio, en referencia ás restricións.

Faino tras a reunión mantida pola alcaldesa, María Barral, con responsables técnicos de Saúde Pública e Augas de Galicia para valorar as últimas actuacións e as analísticas que diariamente se están realizando.

A rexedora apuntou que actualmente a presenza de norovirus, segundo os informes das analísticas, mantense soamente no depósito de Xanrozo.

Para o luns, está previsto que se tomen novas mostras de confirmación “e no caso de que os resultados obtidos, que se coñecerán a próxima semana, sexan satisfactorios, levantaríanse as restricións, excepto nos núcleos que abastece o depósito de Xanrozo”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here