InicioBARRIOSA praia de Oza, onde as pedras do espigón teñen nome

A praia de Oza, onde as pedras do espigón teñen nome

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Coruña ten sempre o foco posto nas praias de Riazor e Orzán. Pero hai outros areais tan usados pola veciñanza, cada unha coa súa idiosincrasia.

Pensamos no Matadoiro, onde se pode ver ese proceso de xentificación que vivo o barrio de Monte Alto, onde veciños de toda a vida pelexan por un metro cadrado de area con visitantes e modernos que ocupan os caros alugueiros; onde hai máis concentración de tatuaxes que nun pub do Porto en hora punta.
Pensamos en San Amaro ou As Lapas, moito máis familiares e tranquilas.

Pero pouco pensamos na praia de Oza, a única da banda este da cidade. Un areal absolutamente petado durante todo o verán coas xentes dos barrios de Eirís, Os Castros, A Gaiteira… que se deixa querer moi ben. Falamos dunhas das augas máis tranquilas da cidade, sen oleaxe, ideal para familias con cativos pequenos.

Sempre venteada, o metro cadrado pegado ao espigón págase caro. É a zona protexida e nótase perfectamente facendo unha valoración dos espazos ocupados. Tanto é así, que as rochas do espigón están moi demandadas. Algunhas xa teñen nome, deses veciños e veciñas que non perden tarde de verán para torrar os seus escuros morenos ao sol e ben protexidos do vento.

Praia de Oza un dia de veran

Malia que o de aparcar ás veces pode concertirse nunha batalla (cómpre ir a comer ou a primeira hora da tarde), o areal compleméntase coa oferta que ofrece o chiringuito (ata fan bocatas quentes ben ricos), e o bar do Club O Puntal, un espazo estupendo para refrescarse cunha caña ao remate da xornada de calor.

Mágoa que este ano non se pode alugar un kaiak ou unha táboa de paddle surf como outros anos para poder cruzar ata o areal de Santa Cristina. A empresa está encargada de impartir cursos municipais e non ten recursos para andar controlando que a xente non se meta na ría polas Xubias, onde non se pode pasar por mor das obras de dragaxe.

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here