InicioCULTURAMáis dun centenar de autores e unha vintena de librarías daranse cita...

Máis dun centenar de autores e unha vintena de librarías daranse cita nos próximos dez días na Feira do Libro

Publicada o

Por europapress

Feira do Libro da Coruña abriu as súas portas este martes co pregón da poeta Doures Tembrás. Durante dez días, máis dun centenar de autores, sete editoriais e máis dunha vintena de librarías participan neste evento, que conta con 32 casetas e dúas carpas para actividades.

No seu discurso, Tembrás fixo fincapé “no poder da cultura e tamén na súa fraxilidade” e destacou a “urxencia imperiosa de coidala”. “A cultura precisa compromiso e a súa falta embaza esta celebración”, lamentou.

Na inauguración, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, sinalou que a cultura en Galicia atópase “nun bo momento” desde a perspectiva do consumo e produción de industrias culturais. “O ano pasado en comparativa con 2021, o incremento na edición de libros en galego foi superior ao 8 % e as vendas creceron case un 6 %“, puntualizou, tras lembrar que Galicia é a comunidade autónoma con “maior número de librarías por habitante”.

Tamén participaron neste acto de apertura, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a deputada provincial Avia Veira, quenes coincidiron en resaltar que a Feira do Libro da cidade herculina é “un dos eventos máis importantes da literatura en Galicia” por achegar á cidade “o maior talento literario do momento”.

Doutra banda, o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez, destacou desta edición número 52 a súa programación “ampla, variada e de calidade” e fixo un chamamento “a todas e cada unha das administracións” a facer unha reflexión “sobre a necesidade de dar estabilidade e continuidade” a este tipo de feiras.

A Feira do Libro da Coruña combinará firmas de exemplares, presentacións, mesas redondas e actividades para toda a familia en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30.

ÚLTIMAS

A coruñesa Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024

A coruñesa Bea Lema vén de recibir a nova de que é a gañadora...

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos...

A Valedora do Pobo descrube o desleixo das administracións na protección dos Murais de Lugrís

A Valedora do Pobo vén de entregar ó Presidente do Parlamento de Galicia o...

A Escola da Bici comeza o novo curso

O auxe da presenza do carril bici na cidade (no 2019 había 23 quilómetros...