InicioSUCESOSCatro feridos en senllos accidentes de tráfico, un en Arteixo e outro...

Catro feridos en senllos accidentes de tráfico, un en Arteixo e outro en Arzúa

Publicada o

Por europapress

Catro persoas resultaron feridas en senllos accidentes de tráfico, un en Arteixo por unha colisión frontal entre dous turimos e outro nun sinistro de moto, segundo informa o 112. No caso de Arteixo, tres persoas tiveron que ser axudadas polos equipos de emerxencia tras producirse un accidente entre dous vehículos na madrugada deste venres.

O 112 Galicia tivo constancia, preto das seis da madrugada, dunha colisión frontal a través do sistema e-call, ferramenta que establece comunicación coa central de emerxencias ao detectar un impacto no coche. Durante a comunicación establecida co interior do habitáculo dun dos turismos sinistrados, os seus ocupantes informaban da dificultade de abandonalo polos seus propios medios.

Desde o 112 deuse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, á altura do punto quilométrico 1.2 da AC-551, ao seu paso pola parroquia de Oseiro, os equipos de intervención indicaron ao 112 que non foi preciso empregar o material de excarceración. Con todo, a colaboración entre os bombeiros e o equipo médico foi necesaria para sacar do interior aos feridos, trasladados a un centro sanitario.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o CIAE-112 Galicia solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Arteixo e do servizo de mantemento das estradas. Tamén se pasou aviso aos axentes da Policía Local.

SINISTRO EN ARZÚA

Por outra banda, na noite de onte, un motorista foi trasladado en ambulancia despois de sufrir un accidente co seu vehículo cando circulaba polo camiño de Buxacos, na parroquia arzuá de Lema.

O envío da axuda ata o lugar para atender ao home ferido foi posible grazas á chamada de alerta dunha persoa particular que atopou ao motorista caído nunha cuneta, ao redor das nove da noite. Segundo a información facilitada ao 112, o ferido atopábase debaixo do vehículo.

Con estes datos, o persoal do CIAE-112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, que mobilizaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Finalmente, o motorista foi evacuado en ambulancia acompañado polos médicos que se atopaban na aeronave. Ao lugar acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...