InicioSOCIEDADEChega a seca á provincia da Coruña: Carballo corta o rego de...

Chega a seca á provincia da Coruña: Carballo corta o rego de xardíns, Oleiros pecha as duchas de praia e A Coruña pide prevención

Publicada o

Por Ángela Precedo

Concello de Carballo anunciou que toma medidas para reducir o consumo de auga no regadío das zonas verdes do municipio, tras a activación por parte de Augas de Galicia, da prealerta por escaseza de auga no río Anllóns. Así, a brigada municipal de xardíns contribúe á redución do consumo de auga cunha minoración das frecuencias e cunha adaptación dos tempos de regadío nas zonas verdes do concello.

Explican que a implantación desta medida lévase a cabo de forma progresiva e individualizada en función das características de cada espazo axardinado. Así, nas sendas ciclo-peonís desconectaranse temporalmente os sistemas de regadío no resto de espazos limitaranse a dous ou tres días á semana, excepto en puntos moi concretos nos que é preciso un achegue de auga diaria.

En función da evolución de cada unha das zonas verdes, apuntan, e tamén da seca, decidirase o mantemento, a redución ou a ampliación das frecuencias e dos tempos de regadío. Así mesmo, tómanse outras medidas como a revisión constante das incidencias no regadío, especialmente fugas ou axustes no alcance dos aparellos de regadío (aspersores, difusores…) de forma que non se regue fóra da zona axardinada.

Nas zonas facilmente recuperables tras sufrir unha grave tensión hídrica ou mesmo tras chegar a secar completamente, redúcese ao máximo o regadío ou se pecha completamente. Nas zonas máis difíciles de recuperar redúcese tamén, aínda que tentando garantir a supervivencia das especies plantadas.

Nas zonas que, pola súa situación, admiten reducir o límite estético durante un tempo, como poden ser as sendas de saída do centro da cidade ou zonas moi pouco frecuentadas, péchase o regadío completamente. As frecuencias modifícanse en todas as zonas, de forma que en lugar de regar todos os días se faga dúas veces á semana, aumentando lixeiramente o tempo de regadío. Por último, reducirase a frecuencia de sega con intención de que o céspede reteña mellor a auga e a tensión hídrica por regar de forma máis esporádica sexa inferior.

RECORTES EN OLEIROS E PREVENCIÓN NA CORUÑA

Concello de Oleiros cortará a subministración da auga nas duchas das praias pola seca, segundo informou. Farao desde este fin de semana. Pola contra, as fontes seguirán en funcionamento “para poder hidratarse”, precisa. Así mesmo, indica que no próximo recibo da auga enviará a todos os domicilios unha serie de recomendacións para facer un uso responsable dos recursos hídricos como priorizar a ducha fronte ao baño, lavar os dentes coa billa pechada, limpar froitas e verduras nun recipiente con auga e reparar as billas que goteen. A iso, suma interromper a subministración de auga ás piscinas, minimizar a rega exterior e optar por técnicas de goteo ou utilizar un centro de lavado de vehículos especializados.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insistiu en que son necesarias medidas de prevención, a pesar de estar por agora garantido o abastecemento no encoro de Cecebre. Tamén destacou a coordinación cos concellos. “A curto prazo non se prevé que haxa cortes, pero non é unha cuestión meramemente local, a prevención e ter a suficiente conciencia ambiental é fundamental”, apostilou.

ÚLTIMAS

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here