InicioARTEIXOEstabilizado o incendio de Arteixo, que afectou a 20 hectáreas

Estabilizado o incendio de Arteixo, que afectou a 20 hectáreas

Publicada o

Por europapress

O incendio que se rexistrou este mércores pola tarde na parroquia de Suevos, en Arteixo, mantense estabilizado, e cunhas vinte hectáreas de superficie afectada, segundo as estimacións da Xunta.

A estabilización do lume, que se iniciou ás 17,07, produciuse a última hora, sobre as doce e media da noite. No lugar, segundo informaron a Europa Press desde a Consellería do Medio Rural, permanecen medios de terra e, se fosen necesarios, incorporaríanse aéreos. “Que parece que non vai ser necesario”, apuntaron desde o departamento autonómico, que engadiron que hai que esperar a dar “un tempo razoable” para dar por controlado o incendio.

Pola súa banda, os Bombeiros de Arteixo estiveron a protexer as vivendas próximas ao lugar do incendio, en concreto desde as sete da tarde ata as 23,30 horas, na zona da travesía de Suevos, e logo na zona de Cabo Cociñadoiro, desde a unha e media ata o cinco e media da madrugada.

Trátase do segundo incendio que se produce na zona nos últimos días. E é que a parroquia de Suevos xa sufrira outro incendio forestal o pasado sábado, que queimou unha superficie reducida. Para o seu control, mobilizáronse dous técnicos de apoio, sete axentes, dez brigadas, nove motobombas, cinco helicópteros e dous avións. O vento dificultou os traballos dos efectivos durante os traballos.

ÚLTIMAS

O PP ve “un patrón de conduta” de acoso laboral no PSOE coruñés

O portavoz do PP da Coruña, Miguel Lorenzo, volveu a esixir a dimisión da...

A Xunta declara viable o parque eólico de Inditex no porto exterior da Coruña

A Xunta formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico 'Porto exterior...

Unha administración da Agra do Orzán reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

Unha administracion de lotaría da Coruña, situada en rúa Alcalde Lens, repartiu dez millóns...

O mapa de BiciCoruña conta xa con 79 estacións

Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da...