InicioSOCIEDADEO persoal do SAD da Coruña elabora un comunicado denunciado o empeoramento...

O persoal do SAD da Coruña elabora un comunicado denunciado o empeoramento das súas condicións laborais

Publicada o

Por Águeda Cernadas
O pasado mes de abril, o Concello da Coruña reorganizou o Servicio A Domicilio e adxudicou o servizo a novas empresa. Agora, moitas das persoas contratadas constatan un empeoramento das condicións laborais. “Levamos catro meses reclamando solucións, tanto ás empresas como ao Concello, mesmo coa intercesión do sindicato CIG, sen que polo momento a situación mellorase”, explica un grupo do propio SAD.
Os principais problemas e irregularidades denunciados polas persoas traballadoras son, en primeiro lugar, a deficiente explicación do servizo aos usuarios por parte da empresa, que obriga ás persoas traballadoras a enfrontarse a situacións negativas nalgúns fogares, chegando a ser consideradas como “mozas para todo”, máis aló dos servizos sociosanitario para a atención individual dos usuarios, sen lograr respaldo da empresa para resolver estas situacións.
Por outra banda, o novo sistema de organización do SAD faise mediante unha zonificación que divide o territorio municipal en 6 zonas. A día de hoxe, o persoal traballador non sabe a que zona pertence, e as empresas envían ao persoal onde queren. En terceiro lugar, as empresas utilizan a dixitalización para non respectar a necesidade das compañeiras que solicitan que se lles entregue a documentación impresa. Como consecuencia, algunha traballadora non ten na súa poder ningunha nómina dende o mes de abril, cando comezaron a dar servizo a través destas novas empresas.
En cuarto lugar, as traballadoras denuncia que a empresa non lles está proporcionando cuadrante anual como fixa o convenio e ademais denuncia que se lles avisa dos cambios destes incluso o mesmo día. Por outro lado, a imposibilidade da recollida de EPIS que só é en horario laboral polo que se están nun domicilio non poden ir.
Outro dos problemas que salientas estas traballadoras é o escaso tempo marcado polas empresas para realizar os desprazamentos entre un domicilio e outro, imposibles de cumprir en moitos casos. Ademais, as traballadoras afirman que o trato que algunhas coordinadoras dan ás persoas auxiliares de axuda a domicilio, cando se lles indica a falta ou atraso dalgún documento necesario para realizar o traballo, é despectivo e pouco resolutivo.
Por último, recordan que as empresas teñen a obrigación de contratar ao persoal auxiliar de Axuda a Domicilio por unha xornada mínima de 24 horas semanais. Con todo, hai traballadoras con contratos de 20 horas ou mesmo menos.
Por sito as traballadoras do SAD solicitan que os diferentes axentes implicados na prestación do SAD ofrezan solucións rápidas e efectivas ás situacións mencionadas, que se as trate de maneira profesional e cumprindo o convenio vixente en cada un dos puntos mencionados. E aproveitan para facer un chamamento a quen proceda a sentar a negociar un novo convenio.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here