InicioA CORUÑASolidarios cos maiores, un proxecto de profesionais do xornalismo para visibilizar os...

Solidarios cos maiores, un proxecto de profesionais do xornalismo para visibilizar os problemas das persoas maiores

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ideada por Chus Castro unha serie de profesionais do xornalismo veñen de emabrcarse nunha fermosa travesía. A compañeira xubilada da Radio Galega, vén de transmitir o seu entusiasmo arredor do proxecto Solidarios cos maiores a nomes coñecidos da televisión como Amalia Baltar, Bea Soler, Sabela Romar, Lucía Aller e Manolo Rodríguez, todos vinculados á cidade da Coruña.

A idea é crear contidos interesantes para os nosos maiores, visibilizar os seus problemas para aportar o seu grao de area á fenda dixital e invitalos a navegar pola rede con contidos de alcance. “Trátase de facer algo por unha banda da sociedade cada vez máis vulnerable, como son os maiores”, explica Castro, ofrecendo cifras importantes: Galicia conta con máis de 700.000 maiores de 65 anos, un 26,1% da poboación, e só na cidade da Coruña hai 32.000 persoas maiores que viven soas.

Coa axuda de Marcus Fernández na produción, o proxecto avanza pouco a pouco gracias á vontade e solidariedade destes profesionais, que en clave ONG se deixan arrastrar polo entusiamo de Casto para ofrecer pezas como esta sobre o abandono do alcol, sobre o testamento…

Poden ollar máis contidos en solidarioscosmaiores.org, na canle de Youtube ou nas redes sociais

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...

A Fiscalia investigará as ameazas de bomba en colexios da Coruña

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu de oficio dilixencias de investigación tras os falsos...

A Coruña, á cabeza dos gases invernadoiro en Galicia, segundo o Observatorio Galega dá Acción Climática

A Coruña é a provincia que lidera a emisión de gases de efecto invernadoiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here