InicioA CORUÑAA regata da Tall Ships Races reúne 800 persoas dentro das tripulacións...

A regata da Tall Ships Races reúne 800 persoas dentro das tripulacións que chegan á cidade da Coruña

Publicada o

Por europapress

Unhas 800 pesonas conforman as tripulacións da regata Tall Ships Races, que chegou á cidade da Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, deu a benvida ás tripulacións nunha recepción no peirao de transatlánticos.

Rei agradeceu que esta regata de grandes veleiros de ámbito internacional regrese á Coruña sete anos despois. “Hoxe retomamos esta conta pendente e facémolo con moita emoción e gran orgullo porque somos a cidade máis visitada pola Tall Ships Races en toda a súa historia”, expresou a alcaldesa na recepción oficial.

Os doce veleiros e catro buques da armada que participan na Tall Ships Races 2023 están atracados no porto da Coruña, no que permanecerán ata o domingo pola mañá, cando partirán rumbo a Lisboa.

Durante este catro días, o Concello organizou un amplo programa de actividades abertas ao público. Na recepción, á que asistiron, entre outros o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, Inés Rey lembrou a primeira escala desta regata na cidade, que foi en agosto de 1958.

 

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...