InicioBARRIOSA tradición marca a Romaría de Santa Margarida

A tradición marca a Romaría de Santa Margarida

Publicada o

Por editor

Hoxe venres, 25 de agosto, comeza a tradicional Romaría de Santa Margarida, que porán o peche ás Festas de María Pita 2023. A tradición, como non podía ser doutro xeito, será protagonista, con 8 entidades herculinas como principal foco de atracción.

O venres comeza coa segunda gran noite do folclore, onde participarán Cántigas da Terra, Aturuxo, Donaire e Son d’aquí.

Xa para o sábado está preparada unha xornada participativa coas asociacións, onde o público poderá achegarse á explanada da Casa das Ciencias en horario de mañá e tarde para gozar de obradoiros para todos os niveis, así como coñecer máis das mesmas nos seus postos informativos. Para a noite, o anfiteatro de Santa Margarida converterase nun gran torreiro onde gozar de tres concertos galegos. Comezará Arredores, grupo novel, para continuar con Treixadura e, para rematar, Airiños da Freba.

A xornada do domingo 27 é a máis multitudinaria da Romaría. Pasarrúas con Pansenfron ou Os Gaiteiriños, o popular concerto da Banda de Música da Coruña e un novo escenario na zona das merendas. Á noite actuarán Xosé Lois Romero & Aliboria, proposta galega que precederá ao concerto de Sharon Shannon. A recoñecida acordeonista irlandesa visitará a cidade nunha noite que pechará Eliseo Parra. O gran renovador da música tradicional peninsular despídese este ano dos escenario e será a única cita programada en Galicia.

Ademais, e como broche especial, o luns 28 teremos o concerto de Rubén Blades, que foi adiado no seu día.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here