InicioMOV. SOCIAISPiden o fin da "caverna machista" e a "cultura da violación" no...

Piden o fin da “caverna machista” e a “cultura da violación” no deporte nunha concentración na Coruña

Publicada o

Por europapress

Unha decena de persoas concentrouse este venres na Coruña, na zona do Obelisco, para esixir o cesamento de Luís Rubiales, presidente suspendido da Real Federación Española de Fútbol, e en apoio á xogadora da selección española Jenni Fermoso.

Fixérono a pesar da choiva e cunha pancarta coa lema ‘Fóra Rubiales, fóra caverna machista e xa abonda de cultura da violación’, nunha mobilización convocada polo colectivo feminista Libres e Combativas.

En declaracións a Europa Press, a súa portavoz en Galicia, Beatriz García, cualificou de “bochornoso” o sucedido nas últimas semanas tras o que cualificou como unha “agresión” de Rubiales á xogadora española. Tamén denunciou a “impunidade coa que contan os agresores”, en relación ao sucedido na asemblea da Federación Española de Fútbol e os posicionamentos de apoio a Rubiales que houbo.

“Téñense que ir absolutamente todos“, sentenciou Beatriz García, quen aludiu, ademais, a “as agresións tamén no ámbito laboral, familiar e educativo”. “Hai moitos Rubiales e os defensores deste sistema misóxino están pertrechados para que nada cambie”.

Con todo, recalcou que a “diferenza agora é a forza do movemento feminista” e, a isto, vinculou a existencia de cesamentos. “Hoxe saímos e sairemos as veces qe faga falta”, sentenciou.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...