InicioECONOMÍAA Xunta ten 18 empresas e 11 ofertas para executar os accesos...

A Xunta ten 18 empresas e 11 ofertas para executar os accesos do novo Chuac

Publicada o

Por europapress

Xunta recibiu 11 ofertas para executar os accesos pola ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), segundo informa a Consellería de Infraestruturas.

Das ofertas presentadas para executar estas obras, sete delas están conformadas por unha unión temporal de empresas (UTE), o que suma un total de 18 empresas. O obxectivo deste contrato, de proxecto e execución da obra, é dotar o hospital “duns accesos máis funcionais, sinxelos e integrados que faciliten a entrada aos distintos servizos e ao aparcadoiro, e o funcionamento do complexo durante as obras”.

As obras inclúen a mellora da conexión coa AC-12, a construción dun anel perimetral e a conexión coa rede viaria municipal, a execución dun acceso provisional coa AC-10 para facilitar as obras e un aparcadoiro temporal con 195 prazas.

Os actos expropiatorios están xa convocados, fixándose a formalización das actas de ocupación para o 15 de novembro. Trátase dunha do tres primeiras obras en fase de contratación do ‘Novo Chuac’.

ÚLTIMAS

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e...

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

Ir de pé en conexións interurbanas, quedar en terra, esperar e esperar retrasos ou...

“Desfeita”, “foliada”, “loia”, “lume”, “retrinco” ou “xenocidio”. Cal é a túa Palabra do Ano 2025?

Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano...