InicioSUCESOSQuilómetros de retencións en Alfonso Molina por un accidente múltiple

Quilómetros de retencións en Alfonso Molina por un accidente múltiple

Publicada o

Por europapress

A Avenida Alfonso Molina, principal entrada á cidade da Coruña, sufriu retencións na mañá deste luns debido a un accidente múltiple no que se viron implicados varios coches.

Tal e como informan fontes de emerxencias consultadas por Europa Press, o sinistro ocorreu pouco antes das 8,00 da mañá no quilómetro 2, á altura de Elviña. Foi unha persoa particular a que chamaba á central do 112 Galicia para alertar deste choque que, aínda que se saldou sen feridos, provocou un atasco de varios quilómetros, afectando a vías como a AC-11 e a AP-9. Seguidamente, informouse ao 061, á Policía Local e aos servizos de mantemento da estrada.

Segundo fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a Europa Press, sobre as 9,00 da mañá xa estaba solucionada a incidencia e só quedaban “os restos” do atasco que provocara o accidente, ata ser unha “típica retención de luns pola mañá”. De acordo coa DGT, a obstrución principal chegou ata máis aló da zona de Perillo, motivado tamén en parte por unhas obras na estrada e outras incidencias de carácter menor.

ÚLTIMAS

Multidunaria resposta á manifestación única do 8M na Coruña

Parece que algo se move nos sectores da esquerda do país. Ou así se...

Multitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la mujer franquista

O auditorio da Fábrica quedou pequeno este sábado ante a grande afluencia de persoas...

Os Bombeiros celebraron o seu patrón cunha caravana por toda a cidade

O 8M tamén é San Juan de Dios, patrón dos Bombeiros, e esta mañá...

Maghúa celebra 20 anos de música: “Seguimos fieis á raíz”

O grupo de canto tradicional Maghúa presenta Tribo, o seu novo traballo discográfico, que...