InicioSOCIEDADEPresentan na cidade o primeiro exoesqueleto pediátrico

Presentan na cidade o primeiro exoesqueleto pediátrico

Publicada o

Por europapress

Dous nenos, de sete e nove anos, probaron este mércores na Coruña o primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo, posto no mercado por unha empresa en cuxo accionariado participa o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

En concreto, os nenos que o probaron son un menor que sofre unha patoloxía afín á parálise cerebral e outro que padece atrofia muscular espiñal (AME). A xornada contou coa presenza de fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de Aspace-A Coruña, GaliciaAme e Amencer-Aspace para recibir formación e ver en funcionamento do exoesqueleto.

O mesmo está dirixido a nenos de entre tres e 14 anos con atrofia muscular espiñal, unha enfermidade dexenerativa que en España afecta a un de cada 10.000 bebés, e tamén está deseñado para determinadas patoloxías relacionadas con parálise cerebral, explican desde Sinapse, onde se presentou.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...