InicioBARRIOS A CIG maniféstase no Club do Mar en respulsa a un...

[Vídeo] A CIG maniféstase no Club do Mar en respulsa a un novo despedimento

Publicada o

Por editor

Est tarde de luns, a CIG convocaba unha concentración diante das instalacións do Club do Mar de San Amaro da Coruña “en repulsa a un novo despedimento e ás actitudes da xunta directiva”.

A CIG Servizos e o Comitñe de Empresa manifestou o seu “rexeitamento frontal” ao despedimento deste empregado que, segundo explica, era delegado de persoal, “membro do recentemente elixido comité de empresa”, cunha “antigüidade de máis de 20 anos e un acordo de redución de xornada para poder desenvolver a súa actividade noutra empresa”.
“Van case unha decena de despedimentos en menos de dous anos, dos cales os xudicializados foron gañados e recoñecidos pola xustiza como improcedentes“, engade.

Pola contra, o presidente do Club do Mar, Alberto Santalla, ao longo da semana recalcou que “os feitos relatados” por parte da CIG “son completamente falsos, tanto en canto ao número de despedimentos como no resultado final dos mesmos”. “Cabe resaltar que dos seis despedimentos efectuados por causas económicas, produtivas e organizativas, tan só tres foron xudicializados, ditándose a primeira sentenza o pasado venres 29 de setembro, pola que se desestima integramente a demanda da traballadora e confírmase o despedimento ao concorrer as causas alegadas“, explicou. En canto ao traballador delegado sindical despedido, Santalla alegou “razóns disciplinarias, ante as infraccións moi graves por el cometidas”.

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 25 anos tras un atropelo na Coruña

Un mozo de 25 anos resultou ferido tras sufrir un atropelo grave na Coruña....

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here