InicioPOLÍTICAA Xunta ratifica que recorrerá a sentenza que anula o plan de...

A Xunta ratifica que recorrerá a sentenza que anula o plan de espazos do novo Chuac

Publicada o

Por europapress

O presidente galego, Alfonso Rueda, confirmou que a Xunta recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a sentenza que anula o plan de espazos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), por non estar suficientemente xustificada a súa localización en Eirís.

Neste contexto, tal e como asegurou na comparecencia posterior á reunión semanal do Consello, Rueda mostrouse confiado en que “non haberá problemas” para continuar coa tramitación das obras, despois de que hai dúas semanas –tras emitirse a sentenza– o Goberno galego aprobase para o Novo Chuac a declaración de proxecto de interese autonómico (PIA), que permite reducir prazos administrativos, entre outras vantaxes.

O titular da Xunta confirmou que “en principio” si se recorrerá o fallo ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago, que deu a razón aos veciños do barrio de Eirís afectados as expropiacións para acometer as obras. En concreto, o que fixo o xulgado foi anular o plan funcional e de espazos aprobado en 2020 que fixou a localización do proxecto.

Segundo Rueda, que dixo “non” coñecer os detalles da sentenza, a aprobación do PIA inclúe unhas “cuestións xurídicas” que agora o TSXG poderá ter en conta. Por iso mesmo, cre que “non haberá problemas” para que continúe a tramitación da ampliación do hospital coruñés.

ÚLTIMAS

A incidencia da folga sanitaria supera o 82% en hospitais

Continúa avanzando a folga dos sanitarios en toda España. Unha folga de médicos e...

Delegados de CIG encérranse para esixir negociar o convenio do transporte de autobús na provincia coruñesa

Delegados da CIG no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, así...

Máis de 50.000 persoas gozaron do Antroido Choqueiro da rúa da Torre

Completo Martes de Antroido o que viviu o barrio de Monte Alto. A Rúa...

O PPdeG denuncia un novo ataque ás súas sedes, tras a aparición de colantes no local de Sada

O PPdeG denunciou este martes un "novo ataque" ás súas sedes, tras a "vandalización"...