InicioA CORUÑA(Vídeo) Tatiana Díaz, supervisora no Chuac: "Os maiores precisan apoio e calor"

(Vídeo) Tatiana Díaz, supervisora no Chuac: “Os maiores precisan apoio e calor”

Publicada o

Por Amanda Ferpe
“As veces a dor é máis psicolóxica… Ao ir a unha habitación, agarrarlle a man e falar con el pásalle a dor, cando non lle puxeras ningún calmante”. É a experiencia de Tatiana Díaz Díez, supervisora de consultas externas do Hospital Universitario de A Coruña. Conta isto no novo vídeo do colectivo Solidarios cos maiores dedicado ao acompañamento hospitalario.
Cada ano entran nos servizos de urxencias dos hospitais galegos máis de 900.000 persoas e “moitas chegan soas”, sitúa a xornalista Sabela Romar ao inicio do vídeo. Tatiana Díaz destaca “ese calor e ese apoio que necesitan os maiores”. Desvela algunha mala experiencia “con xente das residencias” que chegan soas ao hospital, as veces nunha ambulancia e resume “síntense moi sós”.
O voluntariado para acompañar a estas persoas é un pequeno pero efectivo remedio segundo din dende o colectivo. Tatiana convida aos pacientes maiores a “que pregunten na Cruz Vermella, o Concello de Coruña, servizos sociais” porque hai persoas que dedican un tempo a prestar este servizo de acompañento hospitalario. En ocasións, manifesta ela, é sinxelamente ir ao hospital e pasear un rato co enfermo por un corredor.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here