InicioA CORUÑAO DOG publica a declaración de proxecto de interese autonómico a construción...

O DOG publica a declaración de proxecto de interese autonómico a construción do novo CHUAC

Publicada o

Por monchomarino

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a aprobación definitiva do acordo que declara como proxecto de interese autonómico a construción do novo Hospital Público da Coruña (Chuac), así como o Decreto de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por esta actuación.

Con estas publicacións avanzan na tramitación do instrumento de ordenación urbanística do chan necesario para a construción do novo Chuac. Nela inclúense as obras de urbanización e edificación, os accesos desde as vías de alta capacidade, o novo edificio hospitalario nas Xubias e o espazo para resituar as vivendas afectadas polas expropiacións.

A consideración de proxecto de interese autonómico permite simplificar e dar máis rapidez aos trámites necesarios para executar as obras. En referencia ao Decreto de expropiacións con ela tamén se define a aprobación das modificacións da PXOM da Coruña no ámbito afectado por esta actuación e declara a prevalencia dos usos previstos no proxecto sobre calquera outro.

ÚLTIMAS

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here