InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras da Sanidade Privada saen tamén á rúa por un convenio...

As traballadoras da Sanidade Privada saen tamén á rúa por un convenio xusto

Publicada o

Por editor

A berros de “A antigüidade non se toca” se manifestaban esta mañá na Avenida de Oza diante do Hospital San Rafael, medio centenar de traballadoras da Sanidade Privada no marco das súas mobilizacións por un convenio xusto.

As centrais sindicais CIG Saúde, UGT e CCOO, denuncian os atrancos da patronal para a negociación do convenio, que intenta ademais “recortes en dereitos básicos xa conseguidos como o actual plus de antigüidade ou percibir o 100% do salario no caso de baixa”. Sinalan que o soldo actual está por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

Sector feminizado e precarizado

Este é un sector moi feminizado, tal e como ocorre, en xeral, co sector de coidados. Por iso, son maioritariamente as mulleres as máis prexudicadas por este convenio xa que son quen ocupan, na súa maioría, postos de auxiliares, persoal de limpeza, enfermería ou todo o persoal das clínicas dentais, por exemplo.

A consecuencia de manter, convenio tras convenio, estes baixos salarios provoca que a propia patronal do sector teña dificultades non só para atopar, senón mesmo para afianzar profesionais na sanidade privada, chegando a ter incluso que ofrecer acordos fóra de convenio a determinadas categorías nun intento desesperado por reter profesionais.

Máis mobilizacións

Unhas mobilizacións que continuarán o vindeiro venres 17 de novembro cunha manifestación dende a Praza de Pontevedra ata o Obelisco.

 

ÚLTIMAS

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

O meu nome é Afonso e son un dos representantes da asemblea de médicos...

Solidariedade Internacional celebrou 20 anos da tenda de comercio xusto de San Andrés

Se pensamos nas tendas de comercio xusto da cidade, seguro que a cabeza nos...

O BNG presenta unha batería de enmendas aos Orzamentos da Xunta de 2026 para a Coruña e comarca

As deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria Taibo, acompañadas da concelleira da Coruña,...

Sofía Espiñeira e Yudith Almeida emocionan nun peche musical que namorou ao público de Mulleres na Rúa


A Semana Mulleres na Rúa, artellada dende a Asociación de Veciños Oza – Os...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here