InicioBARRIOSO picudo vermello arrasa coas palmeiras da cidade

O picudo vermello arrasa coas palmeiras da cidade

Publicada o

Por editor

Unha palmeira diante do colexio Compañía de María; unha diante de Aduanas; dúas na Avda. Metrosidero, preto da Hípica; unha nas Cocheiras de Tranvías, nos Rosais; outra no paseo marítimo a carón do 57Atlántico… A praga do picudo vermello (un pequeno escaravello arrasador con esta especie) está acabando coas palmeiras de toda a cidade.

As últimas, a talada en Panaderas, detrás do Museo de Belas Artes, e dúas no Ventorrilo, na rúa Monasterio de Caaveiro 36 e outra xunto ao parque infantil das Casas de Franco. En breve serán taladas outras tres por Santa Lucía, mentres se atopan en tratamento zonas históricas como o Xardín de Méndez Núñez.

Palmeira talada da rua Monasterio de Caaveiro
Palmeira talada da rua Monasterio de Caaveiro. Fotos: @richicasas

A praga do Rhynchophorus ferrugineus, privinte de Exipto, entrou en Galicia polo sur. Leva xa varios anos arrasando palmeiras da Costa da Morte, ata xa entrar na Laracha hai uns meses.

ÚLTIMAS

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here