InicioSOCIEDADEO candidato a reitor da UDC Fermín Navarrina aposta pola transparecia e...

O candidato a reitor da UDC Fermín Navarrina aposta pola transparecia e o diálogo

Publicada o

Por europapress

O catedrático Fermín Navarrina presentou a súa candidatura a reitor no proceso electoral da Universidade da Coruña (UDC) baseada nunha aposta pola transparencia e o diálogo, baixo o lema ‘Cambiemos’. Así o manifestou no acto celebrado este xoves no Reitorado da UDC. O seu obxectivo como reitor, segundo explicou, é cambiar “unha universidade gobernada autoritariamente por outra xestionada democraticamente e conforme ás leis”.

Para o catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da UDC, na actualidade a institución está “moi mal organizada e mal xestionada”. “É un modelo esgotado e é necesaria unha reforma de gran calado”, apuntou, tras indicar que “un grupo universitario controla esta universidade desde hai 20 anos”, en alusión ao colectivo Nova Luce que apoia a candidatura do seu rival, Ricardo Cao.

Neste sentido, Navarrina sinalou que para afrontar o cambio conta cun equipo “competente, plural e integrador” que traballará para “promover o debate universitario, o diálogo e a transparencia”. Respecto dos “retos” que se expón se gaña as eleccións a reitor da UDC que se celebrarán o próximo 4 de decembro, dixo que “o máis difícil é devolver a ilusión ao persoal”.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...