InicioSUCESOSFalece atropelado un traballador que dirixía o tráfico nunha obra na Laracha

Falece atropelado un traballador que dirixía o tráfico nunha obra na Laracha

Publicada o

Por europapress

Un home de 64 anos faleceu esta mañá no municipio coruñés da Laracha tras ser atropelado mentres traballaba dirixindo o tráfico nunhas obras.

Segundo a información dos servizos de emerxencias, a alerta recibiuse pouco despois das 8,30 horas, informando dun atropelo ocorrido á altura do quilómetro 24 da AC-552.

Testemuñas presenciais apuntan a que o home traballaba desviando o tráfico dunhas obras que se estaban realizando no municipio cando foi arroiado por un vehículo.

Ata a zona mobilizáronse dúas ambulancias do 061, así como persoal sanitario do Centro de Saúde da Laracha, aínda que só puideron cerficiar a morte do home.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...