InicioA CORUÑAO PP esixe solucionar as graves deficiencias denunciadas polos usuarios do polideportivo...

O PP esixe solucionar as graves deficiencias denunciadas polos usuarios do polideportivo de San Diego

Publicada o

Por editor

Xa en setembro presentáronse 400 sinaturas na casa consistorial debullando as innumerables deficiencias do polideportivo de San Diego. Un complexo que leva dous anos en precario, sen contrato, pois o Concello leva sen sacar a nova licitación polo que a actual concesionaria non se vai molestar en realizar nin unha soa mellora.

As eivas son numerosas: duchas que non dan auga, rotura de gres nos vestiarios con risco de cortes, maquinaria avariada que leva meses sen reparar, rampla de acceso ao complexo con deficiencias de accesibilidade, filtracións en varios lugares, etc.

Así o comprobou o grupo popular esta fin de semana cunha visita de Miguel Lorenzo e Roberto García ao complexo mantendo unha xuntanza cunha representación dos abonados que presentaron as sinaturas.

Os usuarios quéixanse porque a pesar de ter entregado estas sinaturas, ningún representante do goberno municipal se pon en contacto mentres as instalacións se deterioran cada vez máis e sinalan que a concesionaria lles di que se atopan nunha situación precaria por vencer o contrato.

O Grupo Popular formulou varias preguntas no pleno ao respecto, solicitou información na última comisión de Deportes, en decembro de 2022, e a resposta foi que estaban á espera de sacar a concurso a xestión conxunta do Castrillón -sen contrato por 6 meses-, San Diego –sen contrato por dous anos- e o campo de golf da Torre –sen contrato por 6 anos-. “A realidade é que estas instalacións están sen contrato, con graves problemas de mantemento e persoal”, lamentan.

Máis novas

O PP pide melloras para o Mercado da Praza de Lugo

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here