InicioA CORUÑAO exsocialista Juan Díaz Villoslada incorpórase a Sumar Galicia: "Ten que ser...

O exsocialista Juan Díaz Villoslada incorpórase a Sumar Galicia: “Ten que ser un proxecto de longo percorrido”

Publicada o

Por europapress

O político coruñés Juan Díaz villoslada, despois de deixar a militancia do PSOE esta mesma semana, incorporouse en Galicia ao proxecto liderado por Yolanda Díaz, Sumar.

En declaracións a Europa Press, Villoslada, que tamén competiu en 2017 con facerse coa Secretaría Xeral do PSdeG nas primarias que acabaría gañando Gonzalo Caballero, explicou que deu este paso tras levar tempo “madurando a decisión” de darse de baixa da militancia do PSOE.

E é que, conforme el mesmo sinalou nunha carta remitida á Agrupación da Coruña, decidiu abandonar as filas socialistas por botar en falta principios como a “ética”, a “coherencia” e o “servizo público” tanto na dirección local do PSOE da Coruña como na dirección galega.

“Levaba tempo madurando a decisión de darme de baixa da militancia do PSOE en Galicia e, neses momentos, xorde unha chamada de Sumar para ver se me incorporo á participación no grupo promotor”, explicou Villosalda.

O que foi parlamentario autonómico do PSdeG recoñeceu que a súa decisión “non se podía demorar” á vista dos calendarios electorais, nun contexto en que Galicia se especula cun posible adianto electoral que situaría as eleccións autonómicas no primeiro trimestre do ano.

Así as cousas, sinalou que tomou a decisión de incorporarse a Sumar ao considerar que se trata dun proxecto que axunta “sensibilidades progresistas plurais” para abordar un “proxecto de transformación e de cambio progresista en Galicia”.

Presentación

Villoslada, que detallou que o acordo para a súa incorporación selouse a última hora da tarde do martes, subliñou que formará parte deste grupo promotor que se presentará neste sábado ás 12:00h, coa presentación na que participará Yolanda Díaz na Coruña.

O obxectivo, indicou, é converter a Sumar Galicia nun “proxecto de longo percorrido”. Así, sinala que aínda que os calendarios das autonómicas e as eleccións europeas marcarán os tempos, subliña que iso será “a curto prazo”. “Sumar Galicia ten que ser un proxecto de longo percorrido, de goberno a dez anos para tratar de reconstruír un espazo progresita amplo”, dixo.

Novas relacionadas

O ex concelleiro Juan Díaz Villoslada pide a baixa do PSOE

Artigos de Villoslada en XdC

Hai intereses no transporte metropolitano?

A nova estratexia galega de mobilidade vai dar resposta ás necesidades de Transporte Público na área coruñesa?

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Vixiantes de seguridade da refinaría da Repsol cumpren o cuarto día de acampada para esixir “melloras económicas”

O persoal de seguridade da refinaría de Repsol na Coruña cumpriu o seu cuarto...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...