InicioECONOMÍALuz verde da Xunta á declaración ambiental da planta de amoníaco verde...

Luz verde da Xunta á declaración ambiental da planta de amoníaco verde de Punta Langosteira

Publicada o

Por europapress

A Vicepresidencia Segunda da Xunta e a Consellería de Medio Ambiente deu luz verde á planta de produción de amoníaco verde, impulsada por Harmonía Green Galicia, no porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, municipio de Arteixo. O sistema de produción de amoníaco conta cunha capacidade de produción anual de 725.000 toneladas cando se alcance a última fase do proxecto. O amoníaco producido almacenarase en tres tanques, cunha capacidade total de máis de 100.000 toneladas. As instalacións ocuparán máis de 100.000 metros cadrados.

As futuras instalacións teñen como obxectivo a produción de amoníaco mediante o sistema de Haber-Bosch, co emprego no proceso de nitróxeno e hidróxeno electrolítico. O amoníaco almacenado enviarase ata o peirao chamado O Martelo para a súa carga en barcos de cara á súa exportación, do mesmo xeito que se contempla a posibilidade de proceder á descarga de amoníaco procedente de trens.

Os efluentes de augas que xerará esta produción distribuirase en: pluviais potencialmente contaminadas, pluviais limpas, de lavados e sanitarias, “non xerándose por tanto augas residuais de proceso”. Procederase á descarga ao medio mariño previo tratamento. En concreto, as augas potencialmente contaminadas serán tratas nun separador de hidrocarburos e as sanitarias serás evacuadas a unha fosa séptica.

O informe ambiental (do que informa o Diario Oficial de Galicia deste luns) avala que as actuacións “afectan de forma significativa a hábitats de interese comunitario”, aínda que se atopa nunha zona dentro do límite da reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

PLAN DE INFRAESTRUTURAS DO LAGO DAS PONTES

Por outra banda, Medio Ambiente acordou non someter ao procedemento ordinario de avaliación ambiental o plan especial de infraestruturas e dotacións no lago artificial das Pontes, posto que “non se prevén efectos ambientais adversos significativos”. Este plan ten como fin posibilitar a implantación de diferentes dotacións para o uso recreativo, deportivo e de lecer na contorna do lago artificial (unha contorna de 8,7 quilómetros cadrados creado no oco da antiga mina ao descuberto), así como as infraestruturas necesarias en materia de vías, aparcadoiro, saneamento ou electricidade, entre outros.

ÚLTIMAS

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

Mes para soñar na cidade herculina, cunha marea de equipos que chegaban con opcións...

O Concello de Oleiros afirma que Costas dá por finalizado o dragado do Burgo “sen facer tramos pendentes”

O Concello de Oleiros manifestou que a Demarcación de Costas deu por finalizado o...

Arenteirazo en Riazor

Xornada 34 – Deportivo 2 – 2  CD Arenteiro O Dépor perde dous...