InicioCULTURARoda Door e Metal de Nordés reestrean "En Directos nos Barrios" no...

Roda Door e Metal de Nordés reestrean “En Directos nos Barrios” no Remanso

Publicada o

Por editor

O Centro Xuvenil de Remanso, en Catro Camiños, acolle o rescate do ciclo municipal de concertos “En directo nos barrios”. O mércores 3 de xaneiro, a partir das 20:30h arrincará o primeiro desta serie de concertos que tratan de dar visibilidade ao traballo que hai detrás dos Locais de Ensaio Municipais, e ás 18 bandas residentes. Así, os grupos residentes dos locais, realizarán concertos en formato showcase, dando a coñecer as novas propostas musicais da cidade.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by RODA DOOR (@rodadoor)

Neste primeiro concerto participarán dúas agrupacións: Roda Door, grupo de estilo pop-rock que veñen de completar a súa formación coa inclusión dun quinto integrante, logo dun tempo traballando e definindo o seu proxecto.

Tamén estará Nordés, que estrean o seu recén publicado primeiro traballo “Tempestade”, con 7 temas e pode escoitarse nas principais plataformas dixitais de audio.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Nordés (@nordesrock)

O acceso ao público será libre desde 15 minutos antes do comezo e até cubrir a capacidade do recinto.

ÚLTIMAS

As últimas estimacións de voto na Coruña de cara ás Eleccións Xerais do 29N: A loita polo 8º deputado

Hoxe, 19 de novembro é o último día para solicitar o Voto por Correo,...

ADEGA pide aproveitar as obras da pasarela para eliminar as comportas da “lagoa” de Fonteculler

A “lagoa” de Fonteculler é unha pequena acumulación de auga creada de forma artificial...

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here