InicioCULTURAA xira 'Ni santos ni inocentes' de Robe Iniesta pasará pola Coruña...

A xira ‘Ni santos ni inocentes’ de Robe Iniesta pasará pola Coruña en xullo

Publicada o

Por A xira 'Ni santos ni inocentes' de Robe Iniesta pasará pola Coruña en xullo

Robe Iniesta levará a súa xira ‘Ni santos ni inocentes’ por toda España nunha serie de concertos que terá dúas paradas en Galicia, a primeira, na Coruña a mediados de xullo e a segunda, en Vigo, onde o líder de Extremoduro pechará a súa viaxe por territorio estatal cun concerto no Ifevi o 9 de outubro.

Antes, a xira que abrirá o 11 de maio no Auditorio Mariña Sur recalará na cidade herculina o 13 de xullo dentro do ciclo ‘Coruña Sounds’. Tras abrir a xira na capital valenciana, Robe acudirá co seu proxecto persoal a Cáceres, a localidade madrileña de Rivas Vaciamadrid (25 de maio) e Irún (31 de maio). Posteriormente, o primeiro día de xuño, a banda acudirá a Pamplona e despois irá a Valladolid (7 xuño), Ponferrada (8 xuño), Zaragoza (15), Sevilla (21) e Alacante (29).

En xullo, seguiranlles Xixón (12), A Coruña (13), Santander (20), Almería (26) e Málaga (27). Durante os meses de agosto e setembro, Robe actuará en Xirona (10 de agosto); San Fernando (Cádiz, 16 de agosto); Almendralejo (Badaxoz, 17 agosto); Albacete (24 de agosto); Conca (31 de agosto). En setembro, a xira continuará en Toledo (7 de setembro); Logroño (14); Granada (20); Murcia (21); Vitoria (27); Salamanca (28).

En outubro, a quenda será para Barcelona (5), Palma de Mallorca (12) e Bilbao (19). O final chegará en novembro con Las Palmas de Gran Canaria (1); Santa Cruz de Tenerife (2) e Vigo (9). Robe Iniesta baralla celebrar un segundo concerto en Cáceres o venres 17 de maio, ademais do previsto o sábado día 18, ou ampliar o aforamento deste concerto co obxectivo de sacar máis entradas á venda, xa que hai varios días que as entradas para a súa actuación na capital cacereña están esgotadas.

Segundo se anuncia na súa páxina web e recolle Europa Press, están a estudarse dúas opcións para ampliar o aforamento. Unha sería sacar outro día á venda no mesmo Recinto Hípico, o venres 17 de maio, e a outra posibilidade sería ampliar o aforamento trasladando a montaxe ao anexo Recinto Feiral. En canto a organización teña claro “cal é a mellor opción e teñamos os permisos, sacaremos novas entradas á venda”, anuncia a súa web oficial.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...