InicioA CORUÑAO exdirixente socialista da Coruña, José Nogueira, deixa o PSOE polos pactos...

O exdirixente socialista da Coruña, José Nogueira, deixa o PSOE polos pactos cos independentistas

Publicada o

Por monchomarino

O exdirixente de PSdeG e edil con Francisco Vázquez no Concello coruñés, José Nogueira, deixa o partido polos pactos do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cos independentistas.

Así o confirmou a Europa Press o que foi secretario de Organización do partido entre mediados da década dos 80 e dos 90 e concelleiro da cidade herculina durante varios mandatos, entre outros cargos.

Tras anunciar en 2015 a súa retirada da primeira liña da política, agora dá o paso de deixar o partido con críticas ao funcionamento do mesmo tanto a nivel estatal como autonómico.

Faino tras ostentar diversos cargos pero tamén como afiliado número 5 da formación na provincia da Coruña. “Son case 50 anos, levo militando desde os 17 anos”, sentenciou. “Coñezo todas as agrupacións”, asevera tamén lembrando o seu papel e o doutros na formación das mesmas.

Do funcionamento do partido, reprocha que actúa, ao seu xuízo, baixo “decisións persoais do secretario xeral”, en alusión a Pedro Sánchez. “Cando foi o da OTAN — a entrada de España– explicamos porque cambiamos de opinión, pero aínda así se someteu a un reférendum”.

Isto contrapono ao sucedido cos pactos cos independentistas para a conformación do novo Goberno. “É a decisión persoal dunha persoa”, insiste para cuestionar tamén como funcionan os congresos do partido, tanto a nivel estatal como autonómico, en contraposición a como eran no pasado.

Sobre os pactos alcanzados, insiste en que o PSOE se caracterizou “sempre polo amor a España, a defensa da unidade de España, pero non xeograficamente senón dos españois”, expón para aludir tamén como outro argumento crítico “á ruptura da caixa única da Seguridade Social, con desigualdade dos españois”.

Con todo, afirma que este non é “un momento para baixarse do carro” e, aínda que asegura que non entrará en ningún partido político, ratifica que participará “nalgún movemento”. ·”Estamos algúns exmilitantes”, sinala á intención de constituír unha asociación “de defensa dos valores da Constitución do 78”. “Primeiro a nivel local e logo de Galicia”, precisa.

ÚLTIMAS

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

Anunciaba a semana pasada a Xunta os novos proxectos de Interés Autonómico (PIA) en...

Segundo recibe dúas estrelas Michelín nos premios #SoyBarbudo

Volve o Barbeiro Solidario á actualidade. O organizador da Barbería Solidaria, que este pasado...

Levan ao Valedor do Pobo “o roubo da Casa Cornide”

Coa V Marcha pola Devolución da Casa Cornide convocada para o vindeiro 14 de...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here