InicioSOCIEDADEA Coruña solicitará á Xunta a creación dun consorcio metropolitano de transporte

A Coruña solicitará á Xunta a creación dun consorcio metropolitano de transporte

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña solicitará á Xunta a creación dun consorcoio metropolitano de transporte que mellore as conexións entre A Coruña e os municipios da área. A moción, que se debateu este xoves na sesión ordinaria do pleno, foi aprobada cos votos a favor dos grupos municipais do PSOE e o BNG. O concelleiro de Economía e Planificación Urbana e portavoz do goberno local, José Manuel Lage, demandou á Xunta que “se implique e asuma que as liñas e frecuencias téñense que deseñar en coordinación cos concellos cunha planificación de futuro”.

SERVIZO DE LIMPEZA

Entre outros asuntos, no pleno debateuse a situación do servizo da concesionarias de limpeza na cidade, tras trasladar o portavoz do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera, o “malestar xeneralizado” tras unha convocatoria de folga en Nadal, finalmente desconvocada, polo Sindicato de Traballadores de Limpeza, con algúns dos seus dirixentes investigados xudicialmente.

Jorquera lembrou aos socialistas que no acordo de goberno figura “o compromiso de investigación a curto prazo para saber se as concesionarias de limpeza inhibíronse da súa responsabilidade”, dixo sobre a folga convocada inicialmente. “Non hai que transmitir unha situación calamitosa”, asegurou a edil de Medio Ambiente, Noemí Díaz, quen avanzou que se están implementando medidas e que hai “un seguimento escrupuloso do cumprimento contratos e a normativa laboral”.

ÚLTIMAS

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema...

Condenan a Abanca a devolver máis de 20.000 euros estafados mediante phishing

O Tribunal de Instancia da Coruña condenou a Abanca a devolver 20.119 euros, máis...

O exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro anuncia o seu apoio ao BNG: “É a candidatura que serve para avanzar”

O exalcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica ata 2019, Xulio Ferreiro, anunciou...

Novos traballos de escavación arqueolóxica na Casa da Sinagoga

O Concello da Coruña deu comezo ao proxecto de novas excavacaciones arqueolóxicas na Casa...