InicioCULTURAO Norte Cinema Diverso entra nas aulas

O Norte Cinema Diverso entra nas aulas

Publicada o

Por editor

Este venres arranca NCD Educa, unha iniciativa da organización do festival Norte Cinema Diverso para levar ás aulas da cidade da Coruña o cine LGTBI+ e xerar debate coa comunidade escolar.

O IES Eusebio da Guarda será o primeiro centro en que membros das entidades colaboradoras (Fundación 26D, Less Coruña, Comité Anti SIDA da Coruña CASCO e CoruFest) xunto á Asociación Palestra, organizadora do certame, entren en interacción con profesores e estudantes.

As curtametraxes que se proxectarán na mañá do venres, grazas á colaboración da cinemateca da Fundación Pedro Zerolo, son Pancarta, El mueble de las fotos, Antes de la erupción e 17 minutos con Nora. Ao final de cada unha delas producirase un debate con
alumnos e alumnas de 4º da ESO, coa moderación dos directores do NCD, Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro.

“Durante varias semanas”, explica Cayazzo, “levaremos as curtametraxes a algúns institutos da cidade para que despois se abran debates entre alumnos e alumnas sobre a trama de cada unha desas curtas. As novas xeracións teñen moito que achegar. Cremos nelas. Malia a polarización nalgúns temas, ábrennos os ollos en moitos asuntos”.

Tras a primeira xornada no IES Eusebio da Guarda, NCD Educa entrará nas aulas doutros tres institutos da cidade: Monte das Moas (25 de xaneiro), Sardiñeira e Elviña (estes dous últimos en datas aínda por pechar).
O festival Norte Cinema Diverso celebrará a súa segunda edición os días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo no Teatro Colón.

 

O Ciclo Norte Cinema Diverso amplíase a tres días e abre unha sección de curtametraxes en galego

ÚLTIMAS

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

Renfe aumentará prazas e servizos entre A Coruña e Vigo e entre A Coruña e Ourense a partir do 15 de outubro

Renfe anunciou a posta en marcha, a partir do 15 de outubro, o chamado...

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

Un mural colectivo para o Parque do Observatorio na “Festa dos Coidados”

Continua vivo o proxecto «Agra: un barrio de coidados», desenvolto por Arquitectura Sen Fronteiras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here