InicioMOV. SOCIAISASPACE pide, xunto entidades de toda España, quitar o termo "discapacitados" do...

ASPACE pide, xunto entidades de toda España, quitar o termo “discapacitados” do dicionario

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai anos que a familia de ASPACE Coruña puxo sobre a mesa a necesidade de facer un decálogo sobre como queren ser tratadas as persoas con parálise cerebral. A idea foi expandíndose por todo o estado, e hoxe, moitas entidades a traves do colectivo Cidadanía Activa únense publicando este Decálogo Enfoque Social de Dereitos.

”Somos cidadáns con plenos dereitos”, “Trátame en función da miña idade, non coma un neno se non o son”, “Ten paciencia e intenta adaptarte ao noso ritmo” ou “Somos xente valiosa, que non nos digas que non podemos”, son algunhas das reivindicacións se inclúen neste decálogo, que trata de axudar á sociedade, ás institucións e os sistemas sociais sexan conscientes destas normas e, así, sexan parte do cambio social que favoreza o pleno exercicio da dereitos e participación pública das persoas con maiores necesidades de apoio. Un xeito de establecer o que para elas son estándares básicos de trato correcto e digno.

Trátase dun documento con 10 premisas para visibilizar as demandas das persoas con parálise cerebral e persoas con grandes necesidades de apoio e establecer o que para elas son estándares básicos de trato correcto e digno.

O obxectivo é trasladar este decálogo a distintos sectores (centros educativos, centros de saúde, medios de comunicación…) e entregalo en visitas, charlas de sensibilización, ao novo persoal, voluntariado… para que a mensaxe chegue a toda a sociedade.

decálogo persoas paralise celebrar

Eliminación do termo “discapacitados” da Constitución

ASPACE Coruña e todo o movemento ASPACE decidiron difundir este decálogo este xoves, día no que se aproba a eliminación do termo “discapacitados” da Constitución española.

“A eliminación deste termo, ancorado no pasado e que non representa ao colectivo, supón un avance social moi importante, porque a lingua é fundamental para facer posible a inclusión de todas as persoas. As persoas con discapacidade son cidadáns de pleno dereito e merecen un trato digno e respectuoso”, afirma Ricardo Iglesias, xerente de ASPACE Coruña.

En España hai 4 millóns de persoas con discapacidade, das que máis de 120.000 teñen parálise cerebral.

ÚLTIMAS

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Convocaba a Xunta ao sindicato O'Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial...

A Subdelegación do Goberno prepara o operativo de seguridade para a eclipse solar do 12 de agosto

O subdelegado do Goberno na Coruña, Xullo Abalde, presidiu este luns unha reunión con...

O TSXG confirma 9 anos de cárcere por violar a unha muller ebria na Coruña: “Calquera home coñece os efectos do alcol”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 9 anos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here