InicioBARRIOS"Quero que os meus netos veñan visitarme a miña tenda e non...

“Quero que os meus netos veñan visitarme a miña tenda e non os deixo porque temos medo”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • Tensión na concentración dos comerciantes de Monte Alto trala vaga de roubos destas semanas

—- —-

A situación no barrio de Monte Alto está tensa. A vaga de roubos que levan sufindo os establecimentos comercias nas últimas semanas; e a convivencia con varios narcopisos, están a provocar unha sensación de inseguridade nun barrio que exemplifica mellor que ningún a xentrificación provocada polo efecto Inditex, pero que aínda mantén ecos doutras époucas máis bravas.

Así se demostrou na concentración que convocaban os comerciantes de Monte Alto, a través do grupo de whastapp que teñen formado para o #trucooutrato de Samaín. Co título “Monte Alto necesítate”, convocaban a veciñanza a amosar o seu enfado e pelexar “contra o actos de vanalismo e inseguridade cidadá”.

Concentracion Monte Alto seguridade cidada-roubos 3

Polos chats os comerciantes pasan as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade dos últimos 4 ou 5 episodios de roubos que levan sufrindo pequenas tendas de electrodomésticos, de alimentación perruquerías… do barrio. Por exemplo, unhas plantas que lucían na porta dunha tenda da rúa Hércules, está adornando unha casa ocupada un pouco máis abaixo ante a indefensión da propietaria…

A Praciña de San Xosé quedou pequena, pois entre a veciñanza (que se foi amoreando en canto subía a tensión) e a innumerable cantidade de medios presentes, ata os autobuses tiñan problemas para pasar pola Avda. Hércules sen atropellar a ninguén.

Tomaron a palabra varias veciñas de diferentes idades. Unha “vella roqueira” denunciaba o desinterese e o abandono das administracións, así como a incomodidade de vivir con tantas persoas que andan pedindo con agresividade pola rúa. Un comerciante explicaba á prensa a vaga de roubos que levan sufrindo estas semanas e a sensación de impunidade que teñen os autores. Outra muller pedía máis seguridade e pedía axilidade á xustiza.

Momentos de tensión

Concentracion Monte Alto seguridade cidada-roubos 4

A cousa tornouse moi tensa cando se meteu no medio da concentración un home identificado por moitos comerciantes como un “habitual”. Primeiro sentiuse incómodo por tantas cámaras, pero despois de ameazar a un profesional que estaba facendo o seu traballo, volveu con gañas de protagonismo, e quitoulle protagonismo á cidadanía. Asegurou que el non roubaba, e foron varios os veciños e veciñas os que increparon (algún rapaz máis novo perdendo absolutamente as formas) pedíndolle que deixe o barrio tranquilo.

”Quero que os meus netos veñan visitarme á miña tenda e non os deixo porque temos medo”, espetáballe unha muller que leva 17 anos cunha tenda na Rúa Hércules coa voz case desgarrada.

Xa ao remate, as xentes voltaban ás súas vidas diarias (cómpre dicir, de absoluta normalidade para o 99% da veciñanza) mascullando unha frase ben acaída: “Ata que non pase nada gordo, van facer nada…”

Concentracion Monte Alto seguridade cidada-roubos

Quen aproveitou a cita para deixarse ver foi o voceiro do PP, Miguel Lorenzo, que asegura que levará o tema ao pleno.

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here