InicioCULLEREDOO CEIP Plurilingüe de Tarrío segue cumprindo os seus 50 anos de...

O CEIP Plurilingüe de Tarrío segue cumprindo os seus 50 anos de vida

Publicada o

Por editor

Aló por novembro comezaban os festexos do 50 aniversario do CEIP Plurilingüe de Tarrío. Pero este vai ser un aniversario ben longo, como o demostraron este pasado venres os membros do centro, que celebraron un segundo encontro, nesta ocasión os protagonistas foron os graduados entre 1974 e 1980.

Foron case 200 cullerdenses as que asistiron ao evento comandado por Ana Liñares, actual directora do centro, en presenza do alcalde, José Ramón Riooo, e a concelleira de Educación, Cristina Pardo.

A cita homenaxeo cun agasallo a Agustín Mateos Vicente, que foi director do CEIP de Tarrío durante case vinte e cinco anos, a metade da historia deste centro.

50 aniversario CEIP Tarrio 1

“Grazas á comisión organizadora, á corporación municipal e a todas as persoas que fan posible esta serie de celebracións para os nosos 50 anos”, comezou a súa intervención a directora, Ana Liñares. “Non poderiamos camiñar por este camiño sen a colaboración da nosa comunidade educativa, da nosa ANPA, do persoal de antes e de agora, dende a cociña ata o profesorado… Un colectivo humano ao que só podo sentirme orgullosa de pertencer”, proseguiu. “O noso obxectivo sempre foi ofrecer un ensino público de calidade, e todos vós contribuídes a que este centro teña personalidade propia. O mérito é colectivo e estamos unidos por un vínculo invisible e indestructible, que só se pode ver cos ollos do corazón. Grazas a todos”, concluíu.

As verbas de agradecemento foron para toda a comunidade escolar, “a todo o conserxe, comedor, persoal de limpeza, profesores, pais, nais, ANPA, equipo directivo e por suposto, estudantes”. 

A comisión organizadora avisou que as celebracións continuarán ao longo de 2024 para seguir espallando a posibilidade de dicir con orgullo: “Eu son de Tarrío”.

Máis novas

50 anos do CEIP de Tarrío

ÚLTIMAS

As Vítimas do Franquismo retoman a petición de eliminar as distincións a Manuel Fraga

Hoxe foi presentado en roda de prensa o manifesto da campaña "Non queremos a...

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Mentres a cidade celebra os 25 anos do título de Liga, a mocidade estudantil...

Grazas Pepe, un dos derradeiros grandes soñadores

“Donde estea, estarei por ti, estarei contigo, porque é a forma superior de estar...

Comezan as obras dos novos accesos ao Chuac, que deberían estar rematados en 2027

As obras dos novos accesos ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) comezaron coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here