InicioA CORUÑAO musical 'A tu lado' de Los Secretos representarase o 12 de...

O musical ‘A tu lado’ de Los Secretos representarase o 12 de maio na Coruña

Publicada o

Por editor

A Coruña acollerá o domingo 12 de maio o musical ‘A tu lado’, da banda Los Secretos. Trátase dun concerto teatralizado que repasa os máis de 40 anos de actividade da formación madrileña. O espectáculo está promovido polo Concello da Coruña e as entradas xa están á venda a través de Ataquilla, segundo informa o consistorio.

O musical terá un formato íntimo no que se narrarán diferentes confidencias da banda ao longo da súa traxectoria, repasando as principais cancións do seu repertorio.

A formación ao completo, liderada por Álvaro Urquijo, estará sobre o escenario para pór música ao espectáculo. A escenografía tamén xogará un papel importante pois recreará un camerino, un bar, unha sala de estar e un escenario dun concerto, completado cunha imaxe nocturna de Madrid, cidade de orixe da banda, como fondo.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here