InicioPOLÍTICASánchez anuncia, no Muncyt, unha Oficina Nacional de Asesoramento Científico

Sánchez anuncia, no Muncyt, unha Oficina Nacional de Asesoramento Científico

Publicada o

Por editor

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento Científico para coordinar o coñecemento e mellorar a toma de decisións e o deseño das políticas públicas.

Así o expuxo no acto ‘Día da Muller e a Nena na Ciencia: espertando vocacións STEAM‘, que se conmemora o 11 de febreiro, e ante estudantes de institutos coruñeses. Foi no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) na Coruña con presenza tamén, entre outros, da ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes e portavoz do Goberno, Pilar Alegría, e a de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant.

“Desde a política necesitamos o asesoramento da ciencia“, manifestou Sánchez, quen recalcou que esta “deu a resposta á covid-19 nun ano, salvounos dunha moi gorda”. E é que, para xustificar a importancia da Oficina Nacional de Asesoramento Científico, citou o sucedido na pandemia, pero tamén as necesidades polo cambio climático.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here