InicioPOLÍTICA18F.- Rueda métese ' en fariña' e promete unificar todas as convocatorias...

18F.- Rueda métese ‘ en fariña’ e promete unificar todas as convocatorias de axudas a autónomos para reducir “papelorio”

Publicada o

Por europapress

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, converteuse en panadeiro por un día e meteuse en fariña en Boqueixón para remarcar o seu compromiso cos autónomos, a quen prometeu simplificar as axudas cun paso: o de “unificar” todas as convocatorias para reducir a complexidade da tramitación.

Deste xeito, se continúa á fronte da Xunta, Rueda garantiu que a partir de 2025 os 50 millóns de euros que a Xunta concede cada ano aos autónomos estarán agrupados baixo un único paraugas.

Tras axudar, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, a Jesús, nunha panadaría de Boqueixón, a preparar masa para chapata, Rueda defendeu que a unificación das axudas farase co obxectivo de “simplificar ao máximo” todo o proceso para que calquera autónomo, con independencia de onde viva ou a idade que teña, poida “coñecer a situación da súa solicitude de forma rápida e sinxela”.

Nesta conxuntura, o dirixente popular manifestou que Galicia, que xa é a segunda autonomía con maior porcentaxe de autónomos, converterase na comunidade na que “menos papelorio” teñan que afrontar os profesionais por conta propia.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...