Este xoves, 22 de febreiro, terá lugar na cidade a primeira etapa do Gran Camiño, a carreira ciclista por etapas máis importante de Galicia e unha das mellores de España. Xa temos na cidade algún autobús dos equipos participantes, os mellores do circuito mundial, para esta proba que será retransmitida en 170 países. Serán 120 os ciclistas de primeiro nivel como Nairo Quintana (Movistar), Jonas Vingegaard (vixente gañador do Tour de Francia), Carlos Rodríguez ou Egan Berna (Ineos), os que participarán nesta proba, que arrinca coa contrarreloxo herculina, con saída e estrada na Torre.
#Coruña | Comienzan a llegar los equipos participantes en #OGranCamiño 🚴♂️, el @INEOSGrenadiers ya se deja ver en el Meliá María Pita. pic.twitter.com/SgPaKpk1Qd
— Silcerino 🍍 (@silcerino) February 19, 2024
Mapa e horario
Unha contrarreloxo de 15 km que arrincará O dispositivo de seguridade quedará establecido a partir das 11.00 horas, procedendo ao peche total do circuíto ás 13.00 horas. As 14:40h sairá o primeiro participante (tardarán arredor dos 18 minutos), saíndo o dorsal nº1 ás 16:54, polo que a última chegada prevista a meta será ás 17:10.
A partir das 15:30h comeza a retransmisión na TVG.
A reapertura ao tráfico levarase a cabo de maneira progresiva, a partir das 17.15 horas e segundo a chegada dos participantes á meta.
O percorrido será o seguinte: Paseo marítimo, Matadoiro, avenida Pedro Barrié de la Maza, avenida de Bos Aires, paseo de Rolda, avenida de San Roque (ata este punto, en sentido contrario ao establecido para a circulación de vehículos), avenida de Labañou, rolda de Outeiro, Manuel Azaña, Emilio Gonzalez López, Simón Bolivar, Carmen Rodríguez-Losada Trulock, estrada dos Fortes, estrada do Portiño e paseo marítimo ata a Torre de Hércules.
Os cortes
Na zona de Monte Alto e Riazor, ante o corte total do Paseo marítimo, recomendarase empregar como itinerarios de entrada e saída o túnel Mariña-Parrote e a rúa San Andrés. Na zona do estadio de Riazor permanecerá pechada a rúa Manuel Murguía, establecéndose como alternativas a avenida da Habana e Gregorio Hernández para o acceso á Terceira Rolda.
No barrio dos Rosales, por onde atravesará a proba, establecerase un peche da rúa Manuel Azaña, no tramo comprendido entre a rolda de Outeiro e Emilio González López; habilitándose acceso aos Rosales desde a estrada dos Fortes cara a rúa Simón Bolivar, e establecéndose unhas zonas de paso que en función do transcurso da proba e o paso dos corredores permitan acceder ás vías interiores. Do mesmo xeito aplicaranse medidas similares para permitir o acceso e saída na zona de Labañou e vivendas do grupo María Pita.
Na zona do Portiño, será necesario restrinxir a circulación de vehículos mentres dure a proba, que se restablecerá en canto o paso dos corredores e participantes así o permita. Tendo en conta que na zona de alteracións do tráfico se atopan centros escolares e
educativos, asistenciais, servizos públicos, aparcadoiros etc, contactouse con todos eles para dar traslado das medidas previstas e as alternativas expostas para causar os menores prexuízos posibles, así como ás diferentes asociacións veciñais co fin de garantir a seguridade durante o desenvolvemento da proba e compatibilizar.
Os transportes de varios centros educativos tamén serán afectados.
Máis novas
A Torre de Hércules, punto de partida da proba ciclista O Gran Camiño