InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOIntern@s do CIS, salvadores crebeir@s do Areal da Torre

Intern@s do CIS, salvadores crebeir@s do Areal da Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nova xornada de limpeza, e xa van 4, a que desenvolveron a pasada semana os internos e internas do Centro de Inserción Social da Coruña no marco do proxecto Entre Crebas. As persoas privadas de liberdade, mentres superan xa o terceiro grao e traballan na súa reinserción sociolaboral, participan como voluntarios neste proxecto desenvolto pola activa Asociación Mar de Fábula.

Este proxecto reparador ten un doble obxectivo: formar ás persoas en materia medio ambiental, respecto ao entorno e responsabilidade no coidado do medio mariño. E ademais, coidar activamente a nosa contorna natural.

Unha vez ao mes e durante un ano, membros do CIS e de Mar de Fábula acompañarán ás persoas participantes para facer unha limpeza na praia das Lapas, o chamado historicamente O Areal, que está situada entre o propio Centro de Inserción Social e a Torre.

Trátase de facer un seguimento e análise, con frecuencia mensual, do lixo mariño que o mar nos devolve nesta fenda da costa, esa pequena porta aberta ao océano que nos achega, coma un imán, unha ampla mostra dos refugallos que aboian nese grande supermercado do lixo que temos feito do mar.
Nesta cuarta limpeza participaron 10 persoas residentes do CIS, unha educadora da institución e dous socios de Mar de Fábula.

Malia ser constantes as limpezas, este coído recolle e recolle lixo plástico de todo tipo, como comprobaron recollendo en apenas dúas horas 23 anacos de bolsas ou envoltorios, 13 espumas sintéticas, 160 plásticos de menos de 2,5 cm, 13 aparellos de pesca, centos de microplásticos, 26 anacos de tela, 75 cabichas, 8 anacos de papel de aluminio, moito vidro e material de contrución, 6 bastonciños, e 105 Toalliñas/salvaslips.

Máis novas

As persoas privadas de liberdade do CIS apadriñan e coidan o areal da Torre

 

 

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

Rescatado un home de 48 anos tras sufrir unha caída nas rochas na praia dos Mouros

Un home de 48 anos de idade foi rescatado este sábado tras caer nunha...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here