InicioA CORUÑAO TSXG confirma a condena a dous homes por tentar matar a...

O TSXG confirma a condena a dous homes por tentar matar a outro

Publicada o

Por europapress

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a dous homes por tentar matar a outro e roubar na súa vivenda na Coruña, segun informa o alto tribunal galego. En concreto, rexeita os recursos interpostos por ambos tras ser condenados como autores dun delito de tentativa de asasinato e outro de roubo con violencia en casa habitada. Entre outras cuestións, nos recursos alegouse vulneración de presunción de inocencia, falta de vontade de atentar contra a vida da vítima ou drogadicción.

“O relato de feitos probados da sentenza alude a unha afectación da capacidade volitiva e control conductual como consecuencia dos hábitos de consumo”, recolle no seu fallo o TSXG que coincide en que se descarte “a apreciación de atenuante algunha con relación ao delito de tentativa de asasinato tendo en conta da desconexión funcional que existe co mesmo como consecuencia dos hábitos de consumo”.

FALLO DA AUDIENCIA

A desestimación dos recursos prodúcese despois de que a sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenase a 17 e 13 anos de cárcere, respectivamente, aos dous homes acusados de tentar asasinar a un home na Coruña, en maio de 2022, no Barrio das Flores.

O tribunal impuxo a un deles a pena de 13 anos de prisión polo delito de tentativa de asasinato e outro catro polo de roubo con violencia. Ao outro procesado, condenouno a nove anos de cárcere por tentativa de asasinato e catro anos e catro meses por roubo con violencia.

Fíxoo ao considerar que ambos “planearon facerse con diñeiro e calquera outro obxecto de valor que puidese haber no domicilio” da vítima e “decidiron aproveitarse” de que esta era “unha persoa de acusada vulnerabilidade física, cunha minusvalía recoñecida do 85% e graves problemas de mobilidade”.

Unha vez dentro da vivenda, subliñan os maxistrados, un dos procesados “apoderouse dunha especie de catana que se achaba exposta na parede”, comezou a golpear “brutalmente” á vítima e “foi plenamente consciente dos seus actos e aceptou un posible resultado letal destes”. O seu compañeiro, mentres isto sucedía, asumía “igualmente” que o ataque “puidese causarlle a morte”.

ÚLTIMAS

Indignación nas familias do CEIP Cidade Vella tras escoitar en directo “as mentiras” da Xunta

Levaban onte á Comisión 4ª de Educación e Cultural do Parlamento Galego o BNG...

A Audiencia da Coruña xulgará unha muller acusada de retirar máis de 75.000 euros da conta do seu pai con deterioración cognitiva

A Audiencia Provincial da Coruña ten previsto celebrar este mércores o xuízo contra unha...

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

Enchíase esta pasada semana a cidade de curiosos carteis co lema #ACoruñaPortoNegreiro. Xa imos...

Xoel López, a principal figura do Belén da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde no acto de apertura do...