InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOSondaxes arqueolóxicas no Castro de Elviña descobren achados de cerámica romana e...

Sondaxes arqueolóxicas no Castro de Elviña descobren achados de cerámica romana e proxectís de granito

Publicada o

Por europapress

As últimas sondaxes arqueolóxicas levados a cabo na ladeira sur do Castro de Elviña desvelan novos achados de cerámica romana e proxectís de granito, segundo informa o consistorio da Coruña. As escavacións executadas a comezos de ano inciden na posibilidade dunha fase de asedio ao Castro, que deberán agora corroborar as probas científicas.

A finais de xaneiro promoveuse unha campaña financiada polo Centro de Investigación das Paisaxes Atlánticas Culturais baixo a dirección do investigador Samuel Nión Álvarez. Ao amparo do proxecto ‘As dúas vidas dos poboados fortificados’, entre os días 22 e 29 de xaneiro acometéronse escavacións na coñecida como a ‘Terraza Sur’, un promontorio situado a menos de cen metros do Castro, fóra do espazo amurallado.

Nas sondaxes realizadas a comezos de ano identificouse unha gabia lonxitudinal de máis dun metro de anchura, onde se atoparon fragmentos de cerámica romana e unha esfera de granito de 5,6 quilos, semellante aos proxectís da época romana que, polas súas características, podería encaixar co sistema de pesos e medidas da Roma republicana.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...