InicioA CORUÑAConcentración de delegados da CIG diante do Banco Santander na Coruña contra...

Concentración de delegados da CIG diante do Banco Santander na Coruña contra o despedimento dun compañeiro

Publicada o

Por europapress

Delegados e delegadas da CIG concentráronse este xoves ante unha das oficinas do Banco Santander na Coruña para expresar o seu rexeitamento ao despedimento “inxusto e inxustificado” dun compañeiro.

Tamén, segundo informou a central sindical, para denunciar a política de “desvinculacións” que aplica a entidade. A sección sindical afirma que estes despedimentos, segundo afirma disciplinarios ou mediante baixas voluntarias forzadas, “forman parte da política de atemorizar” ao persoal e tamén proceder a un “adelgazamento progresivo·.

Maite Freire, da sección sindical da CIG no Santander, asegura que no caso concreto dennciado nesta xornada “o compañeiro foi despedido no medio da súa xornada laboral”.

“Sen máis advertencia que unha chamada para que acudise a Recursos Humanos onde lle fixeron ler unha carta que era a comunicación do seu despedimento por suposta baixa produtiva“, manifestou.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...