InicioECONOMÍAPersoal de DXC Technology mobilízase na Coruña para demandar a "recuperación do...

Persoal de DXC Technology mobilízase na Coruña para demandar a “recuperación do poder adquisitivo”

Publicada o

Por europapress

Persoal do grupo DXC Technology, con centros en varias cidades españolas, entre elas A Coruña e Santiago de Compostela, secundaron este venres unha protesta na cidade herculina para demandar, entre outras cuestións, a “recuperación do poder adquisitivo”. Foi no marco dunha convocatoria de folga por parte das seccións sindicais de CGT, CNT, CCOO, CSI, USO, Intersindical-CSC e OSTA nun grupo con máis de 7.000 traballadores en España, deles uns 150 na capital galega e máis de 300 na Coruña.

Así o explicou a Europa Pres Iván Cordeiro, responsable de servizos técnicos de CCOO Servizos, con motivo da manifestación celebrada na Coruña e con presenza, segundo a organización sindical, dun centenar de persoas. Cordeiro sinalou que se trata dunha empresa con servizos a Abanca, Evo Banco e Inditex, entre outras, e apuntou, tras destacar o seguimento da folga, que o seu obxectivo é que se abra unha mesa de negociación no grupo. Isto co obxectivo de abordar cuestións como a recuperación do poder adquisitivo ou a cualificación de categorías. Para abril e xuño hai convocadas, precisou, novas protestas se non hai achegamento de posturas.

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

Un novo portal para tramitar dixitalmente os permisos para acceder ás zonas de baixas emisións da Mariña, O Parrote, Pescaría e Cidade Vella

Era unha reclamación veciñal dende había tempo, e por fin, poderán realizar os trámites...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...