InicioBARRIOSO Club Coruña Petanca organiza o primeiro torneo internacional da cidade

O Club Coruña Petanca organiza o primeiro torneo internacional da cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa está en marcha o “I Open Internacional Concello de Coruña de Petanca”. O Club Petanca Coruña prepara a cita para o vindeiro sábado 13 de xullo no campo de fútbol da Zapateira. 64 tripletas de toda a península están invitadas a participar nesta festa da petanca que unirá España e Portugal.

Un soño para esta familia de afeccionados a este singular deporte. Son uns 40 os socios do clun, e contan con 20 federados, que aínda veñén de competir a semana pasada no III Open Petanca Cocido de Lalín. Teñen a sede social nas pistas de petanca San Amaro, na rúa Orillamar, pero como aí teñen só 2 dúas pistas, moitas veces se teñen que trasladar ao campo de fútbol de Labañou, onde cada ano organizan o Torneo Mestre 3×3, cos amigos de Chave e Billarda, e cuia cuarta edición será o 10 de agosto.

Habitualmente compiten na Liga Xunta Galicia Senior 2° Norte, pero non fallan a calquera torneo que se cruce polo camiño, pois o deporte ao fin e ao cabo é unha excusa para vivir novas experiencias.

Agora, xa teñen o foco nese “I Open Internacional Concello de Coruña de Petanca”, que suporía a chegada de máis de 200 deportistas, máis os seus acompañantes, á cidade. Será o primeiro torneo federado que se hace en A Coruña, incluido no Circuito Petanca España como “TOP 1”, o que supón un esforzo para a famillia para mantelo vivo.

I Campionato Internacional de Petanca da Coruña

Outras novas

A billarda tamén se rescata no Campo da Leyma

ÚLTIMAS

O alcalde de Oleiros lanza unha campaña contra Trump nos paneis informativos municipais

O alcalde do municipio coruñés de Oleiros, Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños,...

Os bombeiros da Coruña superaron as 2.000 actuacións durante o ano 2025

Os bombeiros da Coruña prestaron un total de 2.026 actuacións en 2025, unha cifra...

A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”

Emoción a flor de pel a vivida onte no salón de actos da Casa...

A Feira Biocultura & Ecoturismo espera 15.000 visitantes esta fin de semana no ExpoCoruña

A Feira de BioCultura regresa á Coruña na súa 8ª edición,  para achegar a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here