InicioA CORUÑAA UDC pon en marcha a adaptación ds seus estatutos á LOSU

A UDC pon en marcha a adaptación ds seus estatutos á LOSU

Publicada o

Por europapress

O Claustro da Universidade da Coruña (UDC), reunido este mércores, aprobou a constitución dun grupo de traballo para elaborar os novos estatutos seguindo a Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), segundo informa o reitorado.

Previamente á constitución destes equipos, e como primeiro paso, a mesa do Claustro realizará un informe de carácter técnico co obxectivo de identificar as novidades que introduce a LOSU susceptibles de provocar unha modificación dos estatutos da UDC.

Posteriormente, abrirase un proceso participativo para determinar o alcance da reforma estatutaria, tal e como se reflicte na proposta aprobada na reunión de hoxe. Será o Consello de Goberno o encargado de deseñar e aprobar os grupos de traballo necesarios para desenvolver esas modificacións en cada unha das áreas específicas.

MATRÍCULA

Polo que respecta á memoria, o reitor, Ricardo Cao, detallou os principais indicadores de 2023, ano no que a matrícula total nos 23 centros que constitúen a UDC foi de 17.304 persoas. Os graos foron os que experimentaron maior crecemento, sendo este curso 13.746 matrículas fronte ás 13.578 do anterior.

Pola súa banda, as matrículas en doutoramento foron similares ás do ano anterior, con 1.260 (1.258 no curso 22/23) mentres que as de máster foron as únicas que experimentaron un leve descenso con 2.298, 32 menos que o ano anterior, tras o crecemento ininterrompido dos últimos anos.

Con respecto á investigación, destaca a captación de recursos externos durante o 2023, ano no que ascendeu a 14,7 millóns de euros. En 2023 asináronse 248 contratos, cun importe total de 5,98 millóns de euros.

ORZAMENTO

O equipo de goberno deu a coñecer ao Claustro o Informe sobre a Situación Orzamentaria do 2024. Durante a súa intervención, o vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Anxo Fernández, explicou que o orzamento da UDC, corrixido pola inflación, foi en 2023 un 5% inferior ao de 2009.

“Esta circunstancia, sumada á insuficiencia de financiamento estrutural, fai preciso establecer un paquete de medidas para a contención do gasto corrente, á vez que se mantén o investimento en persoal“, explica o reitorado.

Estes factores levan ao equipo de goberno a manter a prórroga orzamentaria aprobada no pasado mes de decembro, á vez que se traballa na captación de novos fondos non finalistas e nunha planificación orzamentaria.

ÚLTIMAS

Anuncian unha acampada fronte a refinería de Repsol na Coruña para loitar polos dereitos laborais

"Meses de enganos por parte de REPSOL nas negociacións de melloras para o persoal...

A Coruña sobe un 2,8% os seus cotizantes na Seguridade Social

Os afiliados á Seguridade Social subiron en marzo nas sete cidades galegas, con Ferrol á...

O BNG critica a mala xestión do goberno socialista coas facturas do IMCE

Quedaba fóra do pleno do pasado xoves a moción do grupo de goberno para...

Familias de republicanos da Coruña internados en campos nazis súmanse á querela contra o franquismo

Familiares de republicanos deportados a campos de concentración nazis sumaranse á querela arxentina contra...