InicioA CORUÑAPleno da RAG o Día das Letras Galegas dedicado a Luisa Villalta...

Pleno da RAG o Día das Letras Galegas dedicado a Luisa Villalta no Teatro Rosalía

Publicada o

Por europapress

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o próximo 17 de maio o pleno extraordinario do Día dás Letras Galegas, dedicado á escritora Luisa Villalta (A Coruña, 1957-2004).

A sesión pública, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, terá lugar no Teatro Rosalía da cidade onde naceu e viviu, segundo informa. As alocucións sobre a vida e a obra da homenaxeada correrán a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal.

A institución ampliará na súa páxina web, nestas semanas previas ao 17 de maio, os contidos divulgativos sobre Luisa Villalta con noticias e entrevistas relacionadas coas iniciativas que xorden ao redor de “a gran festa da cultura galega”.

Na sección de Letras Galegas 2024 de academia.gal pode verse xa a serie documental web ‘Luisa Villalta: a rebelión da palabra’, unha produción da RAG, co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Tamén acceder á biografía sobre a autora asinada por Ana Romaní ou descargar citas das obras de Villalta que a institución está a difundir a través das redes sociais. Para o público máis novo, a RAG ofrece primaveradasletras.gal, ao que se suman outras propostas programadas como un simposio.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...