InicioDEPORTESO Depor Feminino celebra o primeiro ascenso da cidade apoiado polas familias

O Depor Feminino celebra o primeiro ascenso da cidade apoiado polas familias

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fin de semana de ensoño para o deportivismo e o deporte da cidade. O sábado, o Dépor masculino daba un novo paso cara o ascenso á 2ª División estatal nun día de récord, coa presenza de máis de 29.000 persoas no estadio de Riazor, a meirande entrada rexistrada nun partido de 1ª RFEF:

Pero a mellor nova quedaba para a mañá dominical. Riazor, volvía vestirse de gala para ver como o Dépor Abanca completaba esta espectacular temporada vencendo con solvencia ao Cacereño por 3-1 e rubricando a volta á Liga F, a 1ª División do fútbol feminino estatal.

As familias ao poder


Unha cita histórica tamén aupada por 14.057 persoas, novo récord tamén na 1ª RFEF feminina, o que demostra que somos unha afección doutra categoría, como recoñecía Irene Ferreras, a adestradora, na celebración no palco das Peñas. “Non son de aquí, pero síntome como se o fose. Ensinástesme o que é ser dun equipo, sodes unha afección de primeira”, berrou animadísima a armadanzas desta xesta.

Pero esta foi a fin de semana das Peñas, pero o domingo foi aínda máis a fin de semana das familias. Foron ducias de ANPAS as que conseguiron mobilizar para encher toda a grada de Preferencia de cor, facendo que todos os barrios, que os e as máis peques da cidade normalicen o fútbol feminino e se unan á bandeira deportivista.

No campo

Depor Feminino coas penas

No deportivo, nun céspede estupendo a pesar de terse xogado apenas 16 horas antes o choque masculino, o 11 deportivisita volveu demostrarse moi superior. Dende o primeiro minuto o choque se disputou no campo do Cacereño, con ocasións constantes. Cunha Henar coma sempre imperial no medio campo, a defensa non sufríu en case ningún momento. No medio Paula Gutiérrez aos mandos da nave, cada internada de Ahinoa Martín era un puñal. Cazouna a de Badalona ao fío do descanso para abrir o marcador e facer xustiza ao visto no campo.

Pronto se ocupou a killer Millene de facer o seu, marcando dous novos tantos e permitindo que a última media hora fose de festa, con onda e todo nas bancadas familiares do estadio.

Recibimento nas peñas

Ambientazo tamén fantástico nas carpas das peñas, con polvo, fideuá, cervexa e moita alegría para recibir ás protagonistas co polifacético Sergio TR, o speaker de moda da cidade que lembraba o traballo que lle queda de aquí a que remate a temporada, cos ascensos que quedan por vivir de aquí a final de temporada, co Basquet Coruña ou o Dépor masculino.

ÚLTIMAS

Independencia ou desapego? A présa por ver medrar os nosos fillos

Unha reflexión sobre o apego, a saúde mental e a presión social por formar...

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here