InicioBARRIOSO Goberno local levará ao próximo pleno o procedemento para reclamar a...

O Goberno local levará ao próximo pleno o procedemento para reclamar a titularidade da Casa Cornide

Publicada o

Por editor

Coa presión da oposición e mesmo da Xunta, o Goberno local dá un paso adiante para  a recuperación da Casa Cornide. Logo da aprobación da revisión de oficio das resolucións tomadas polo Concello en 1962 a pasada semana en Xunta de Goberno Local, o Goberno local levará ao próximo Pleno Ordinario o asunto para a súa aprobación, iniciando os trámites para a recuperación do edificio histórico, en mans da familia Franco.

O Concello da Coruña encargara un informe xurídico para reclamar a devolución da Casa Cornide ao patrimonio municipal cuxas conclusións amosaban que a transacción rexistrada non foi legal e que non cumplía cos requisitos e leis vixentes. Agora o Goberno socialista inicia o procedemento en base ao informe xurídico co fin de anular os pasos administrativos dados en 1962 e que permitieron que a Casa Cornide acabara entón en mans do dictaro baixo unha apareciencia de legalidade.

O Concello xa instou ao Ministerio de Educación e ao Ministerio de Facenda a realizar unha revisión de oficio da permuta feita no seu día, a través da que o Concello busca anular dúas decisións: o alleamento da propiedade municipal aprobado o 3 de xullo de 1962 e a adxudicación en poxa da Casa Cornide aprobada o 2 de agosto dese mesmo ano.

Unha vez aprobada polo Pleno, o Goberno municipal contará cun prazo de seis meses para resolver a revisión de oficio das dúas decisións tomadas polo Concello no ano 1962.
Ademais, tamén se abre un prazo de 15 días para que as persoas interesadas presenten as alegacións que consideren.

Máis novas

Rueda asegura que “se tomarán todas as medidas” necesarias para “facer cumprir a lei” na Casa Cornide

O BNG urxe á Xunta a “obrigar” aos Franco a abrir ao público a Casa Cornide da Coruña

O Concello inicia o proceso para recuperar a Casa Cornide

ÚLTIMAS

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

Renfe aumentará prazas e servizos entre A Coruña e Vigo e entre A Coruña e Ourense a partir do 15 de outubro

Renfe anunciou a posta en marcha, a partir do 15 de outubro, o chamado...

O transporte de mercadorías da Coruña volve ás mobilizacións: os sindicatos denuncian unha perda salarial do 13 %

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT, que integran a mesa negociadora do convenio provincial...

Un mural colectivo para o Parque do Observatorio na “Festa dos Coidados”

Continua vivo o proxecto «Agra: un barrio de coidados», desenvolto por Arquitectura Sen Fronteiras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here