InicioDEPORTESA XXIX Carreira Alternativa fomenta este domingo a inclusión con máis de...

A XXIX Carreira Alternativa fomenta este domingo a inclusión con máis de 1000 participantes

Publicada o

Por editor

A Coruña acollerá este domingo, 28 de abril, a edición número 29 da Carreira Alternativa, unha proba inclusiva e solidaria organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva AGAXEDE e Be One que conta coa colaboración do Concello.

O lema desta carreira é ‘Pola inclusión e a igualdade’ e desde a organización inciden en que non se trata dunha competición, senón dun evento lúdico que se pode facer correndo, andando, en patíns, en bicicleta ou en cadeira de rodas, tal e como se indica no cartel. A carreira partirá ás 11:00 da praza de María Pita, onde tamén estará a liña de meta, e un vehículo marcará o ritmo máximo na cabeza. As máis de 1.000 persoas participantes atravesarán a Marina, rúa Nova e rúa Alta e percorrerán o paseo marítimo en dirección á Torre de Hercules, volvendo a María Pita polo Parrote, tras percorrer uns 7km.
Carrera Alternativa Agaxede
Esta carreira ten un forte compoñente reivindicativo e súmase ás numerosas probas deportivas que promove o Goberno de Inés Rey na cidade. Nesta carreira non será necesario inscribirse previamente e non haberá dorsais, reforzando deste xeito o seu carácter lúdico.

Ademais, na praza de María Pita haberá diferentes actividades e xogos para todos os públicos.

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

Un novo portal para tramitar dixitalmente os permisos para acceder ás zonas de baixas emisións da Mariña, O Parrote, Pescaría e Cidade Vella

Era unha reclamación veciñal dende había tempo, e por fin, poderán realizar os trámites...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here