InicioSOCIEDADEEnrique Tenreiro, o escultor que pintou na tumba de Franco, abandona o...

Enrique Tenreiro, o escultor que pintou na tumba de Franco, abandona o seu peche no escaparate da rúa San Andrés

Publicada o

Por europapress

O escultor coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na tumba do ditador Francisco Franco no Val dos Caídos, abandonou o seu peche nun escaparate dunha galería da Coruña. Fíxoo tras inicialo o mércores para denunciar a tardanza, ao seu xuízo, na resolución do Tribunal Supremo sobre o seu caso tras un recurso á súa absolución, en 2022, polos delitos contra a liberdade de conciencia e de actos de profanación e danos.

Fíxoo, segundo explicou a Europa Press, para pór de manifesto a tardanza, ao seu xuízo, na resolución do Tribunal Supremo sobre o seu caso, despois de ser absolto dos delitos contra a liberdade de conciencia e de actos de profanación e danos en 2022. “Non sei se buscan revertelo”, dixo sobre o fallo absolutorio que tivo no seu momento a súa acción, que fixo ás 10.55 horas, a mesma hora na que iniciou o peche na galería situada no número 122 da rúa San Andrés. Agora, este venres o peche abandonouno tras considerar que se cumpriu o obxectivo de que a mensaxe sobre o seu caso no Tribunal Supremo chegase a coñecerse.

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...